A Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) xunto coa SGAPEIO organizan a seguinte sesión paralela especial de Biometría.
- Dr. Javier ROCA PARDIÑAS. Dpto. de Estadística e Investigación Operativa, Universidade de Vigo. "Rexións de referencia condicionais baseadas en modelos de localización e escala: Aplicación a marcadores glicémicos".
- Dr. Tiago MARQUES. Centre for Research into Ecological & Environmental Modelling. University of St Andrews. "Estimating sperm whale acoustic cue rates from tags without acoustic data".
- Dra. Vanda INACIO DE CARVALHO. School of Mathematics, University of Edinburgh. "Bayesian nonparametric inference for the overlap coefficient: with an application to disease diagnosis".
|
Dr. Javier ROCA PARDIÑAS Dpto. de Estatística e Investigación Operativa, Universidade de Vigo.
|
Profesor Titular do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da UVigo. É coordinador do Máster (Inter Universitario) en Técnicas Estatísticas na UVigo (dende 2017), investigador adscrito a ITMATI dende 2014 e membro do consello executivo da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e Investigación Operativa (SGAPEIO) dende 2013. Participou como investigador en 6 proxectos competitivos do plan Nacional (Ministerio de Economía y Competitividad), e en 10 proxectos autonómicos (Xunta de Galicia). Ademáis, ten unha ampla traxectoria en transferencia de coñecemento sendo investigador principal de numerosos contratos con empresas.
A súa investigación céntrase no campo da regresión non paramétrica multivariante e técnicas de remostraxe bootstrap, con especial énfase en modelos aditivos xeralizados (GAM). Experto en estatística computacional, conta con importantes contribucións ós modelos de predición semiparamétricos. A súa labor investigadora xerou máis de 60 publicacións en revistas de impacto en áreas como estatística, informática, medio ambiente, biomedicina e enxeñaría, entre outras. Destaca a súa experiencia no campo da bioestadística, con numerosos traballos publicados en prestixiosas revistas: Journal of Epidemiology and Community Health, IEEE Transactions on Information Technology in BioMedicine, European Journal of Neuroscience, Statistics in Medicine, Statistical Methods in Medical Research, Journal of Statistical Sofware.
|
|
Dr. Tiago MARQUES Centre for Research into Ecological & Environmental Modelling. University of St Andrews.
|
Investigador senior na University of St Andrews (UStA), traballa en estatística ecolóxica, concretamente na estimación da abundancia de animais e na modelización do movemento animal, centrándose actualmente nos datos acústicos pasivos. É Profesor invitado no Department of Animal Biology, Faculdade de Ciências da Universidade de Lisboa (FCUL), membro da xunta directiva da Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) e subdirector do Centro de Estatística e Aplicacións (CEAUL). Participou como consultor en varios proxectos internacionais, incluíndo osos polares (Canadá, Groenlandia, EE.UU., Noruega e Rusia), baleas (Groenlandia, Golfo de México, Bahamas e Hawai) e lebres (Irlanda), sendo responsable do deseño das enquisas, o traballo de campo e a análise de datos.
A súa labor investigadora inclúe máis de 90 artigos internacionais de prestixio, 4 capítulos de libro e 1 libro sobre métodos de mostraxe a distancia, entre otros. Ademais, conta cunha gran cantidade de contribucións a congresos, charlas e conferencias invitadas, charlas de divulgación científica, talleres internacionais sobre estimación da abundancia e talleres de R. Foi revisor de máis de 130 artigos, supervisou a realización de 5 doutoramentos e 9 estudantes de maestría, e é coautor de Distance, o software estándar do sector para a análise de mostraxe de distancias.
|
|
Dra. Vanda INACIO DE CARVALHO School of Mathematics, University of Edinburgh.
|
Profesora de Estatística na School of Mathematics da University of Edinburgh dende 2016. Previamente, ela foi Assistant Professor na PUC Chile (2012–2016). Vanda obtivo o seu doutoramento en Estatística pola Universidade de Lisboa e un BSc en Applied Mathematics pola Universidade Nova de Lisboa. As súas principais liñas de investigación son a estatística (nonparamétrica) Bayesiana, a estatística computacional, e a bioestatística, con énfase na evolución estatística de test médicos. O seu traballo foi publicado en algunhas das revistas punteiras no seu campo, coma Annals of Applied Statistics, Bayesian Analysis, Biostatistics, Biometrics, Statistics in Medicine, e Statistical Science, entre outras. Tamén é coautora do paquete de R ROCnReg, que é o único que integra métodos frecuentistas e Bayesianos para a estimación de curvas ROC (con e sen covariables).
|
|