Xoves 4: Recepción oficial do congreso
A recepción oficial do congreso, será na contorno da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, ás 20:00. Comezaremos cunha visita á Igrexa da Universidade e seguidamente pasaremos á Facultade de Xeografía e Historia, onde seremos recibidos polo Reitor Magnifico da Universidade e seguidamente se visitará a Biblioteca e os claustros da mesma.
Venres 5: Visita Cidade da Cultura de Galicia
Nesta actividade e de xeito exclusivo para os/as nosos/as congresistas, temos programada unha visita comentada que inclúe tanto a visita ás zonas exteriores, como o comentario dalgúns dos espazos máis emblemáticos desta construción. Esta visita promete unha descuberta diferente do Gaiás para abraiarse cunha breve panorámica da súa arquitectura, coñecer as liñas mestras do proxecto, así como os principais usos do complexo e as claves do seu funcionamento. Comezo da visita ás 18:00h diante do Edificio Fontán.
Ao regreso da visita, todos aqueles que o desexen poderán xuntarse no Mercado da Galiciana (Rúa de Gómez Ulla, 1) para partillar.
Sábado 26: Comida oficial do congreso
A comida oficial do congreso será no Pazo de San Lourenzo, ás 15:00. Entrarase a través da porta da Igrexa e o almorzo será servido no Salón de Los Tapices.
|