Inicio Envío de comunicacións
Envío de comunicacións PDF Print E-mail


As persoas que participan no congreso poderán enviar os seus traballos, que se presentarán de forma oral ou en póster, nas correspondentes sesións establecidas no programa.

O envío de traballos deberá tramitarse a través dun formulario que está dispoñible neste sitio web, respectando os formatos e prazos que se indican a continuación. Os traballos recibidos serán revisados polo Comité Científico. O resultado da revisión notificarase por correo electrónico no prazo anunciado.

A organización do XV Congreso da SGAPEIO publicará un libro de actas cos traballos presentados no congreso.

Premio os Investigadores/as Novos/as

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) anuncia unha nova edición dos premios os investigadores/as novos/as, que se concederá aos mellores traballos presentados neste XV Congreso por aquelas persoas que non cumprisen 30 anos ao 31 de decembro de 2021. Devanditos premios divídense en dúas modalidades: mellor comunicación teórica e mellor comunicación aplicada.

Cada un dos dous traballos gañadores recibirá un premio en metálico de 500 €. A notificación da concesión de ambos os premios, así como a súa entrega, realizarase durante o acto de clausura do congreso.

Teña en conta que, se a situación sanitaria o permite, a sesión especial neste congreso será realizada de maneira presencial polos relatores. Isto implica que as persoas que decidan presentarse ao premio deben estar dispoñibles e dispostos a presentar o seu traballo de xeito presencial.

Pode consultar as bases aquí.

Procedemento e prazos para a presentación de traballos

Os traballos poderán presentarse en galego, español, portugués ou inglés, empregando os modelos de redacción seguintes:

   Modelo LaTeX (con exemplo de gráfica en pdf).
    Modelo Word
    Modelo OpenDocument.

O arquivo definitivo deberá subirse a través do formulario de envío de comunicacións en formato .pdf e incluirá como mínimo o resumo, palabras chave e bibliografía. A extensión máxima dos traballos será de 12 páxinas.

As persoas que desexen optar ao premio de investigadores/as novos/as empregarán o mesmo procedemento de presentación do traballo mediante o formulario web, no que indicarán que queren optar ao premio e en que modalidade. Dispoñerán do mesmo prazo que as demais comunicacións.


DATAS IMPORTANTES PARA O ENVÍO DE COMUNICACIÓNS
Ata o 5 de xullo 27 de xullo 20 de setembro : último día para o envío dos traballos.
Ata o 20 de setembro 6 de outubro: data límite para a confirmación de aceptación ou rexeitamento.

Se experimenta algún problema ao subir o seu traballo, por favor póñase en contacto con This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

Formato de presentación

O formato de presentación adaptarase ás circunstancias sanitarias. Así, cando por razóns sanitarias, non sexa posible a asistencia presencial de todos/as os/as congresistas ás presentacións, estas efectuaranse por vía telemática, ou mesmo se combinará o aforo presencial coa conexión telemática. Isto podería afectar tanto as comunicacións orais como aos póster.

De ser posible a súa presentación material nas dependencias do congreso, os traballos presentados en formato póster terán un espazo máximo de 1189 x 841 mm (formato A0). A organización proporcionará os recursos necesarios para a súa disposición nos espazos do congreso.


Formulario para o envío de comunicacións
 
GalegoEspañol


Powered by Joomla!. Designed by: joomla templates web hosting Valid XHTML and CSS. Adaptado por MJ Ginzo-Villamayor