No XV Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións están programadas catro conferencias plenarias, a cargo dos seguintes relatores, quen nos presentarán modernas metodoloxías froito da súa longa experiencia nas aplicacións da Estatística e a Investigación de Operacións:
- Dr. JOSE MARÍA ALONSO MEIJIDE, Universidade Santiago de Compostela (España). "Índices de poder en xogos simples con estrutura de partición".
- Dra. GRACIELA BOENTE BOENTE, Universidad de Buenos Aires (Argentina). "Métodos robustos para datos funcionais baseados en sieves e/ou penalizacións".
- Dr. PEDRO GALEANO SAN MIGUEL, Universidad Carlos III de Madrid. "Unha descrición xeral da detección de atípicos en series temporais con avances recentes en grandes dimensións".
- Dr. THOMAS KNEIB, University of Göttingen (Alemania) "Multivariate Conditional Transformation Models".
- Dra. MARINA POLLÁN SANTAMARÍA, Instituto de Salud Carlos III. "Seroprevalencia da infección por SARS-CoV-2 en España: Estudo ENE-COVID".
|
Dr. JOSÉ MARÍA ALONSO MEIJIDE Universidade de Santiago de compostela (España).
|
José Mª Alonso Meijide é Profesor Titular do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou o cargo de Coordinador Xeral do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estatística e Investigación Operativa organizado pola tres universidades públicas de Galicia. Tamén foi Vicepresidente e Secretario Xeral da SGAPEIO, así como director da revista Informest. A súa liña de investigación é a teoría de xogos cooperativos. Publicou ao redor de 40 artigos en revistas tales como European Journal of Opeational Research, Annals of Operations Research, Optimization, Applied Mathematics and Computation, Games and Economic Behavior, Journal of Optimization Theory and Applications, Discrete Applied Mathematics e TOP, entre outras.
|
|
Dra. GRACIELA BOENTE BOENTE Universidad de Buenos Aires (Argentina).
|
Graciela Boente é profesora na Universidade de Buenos Aires e investigadora do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas de Arxentina. Desenvolveu as súas tarefas de investigación en Estatística Matemática, principalmente na área da robustez e en temas como regresión non paramétrica e semiparamétrica, análise de datos multivariantes e de datos funcionais; campos nos cales desenvolveu e estudou diversos procedementos robustos. Publicou máis de 90 traballos en revistas científicas. É Fellow do Institute of Mathematical Statistics desde 2013 e membro da Academia Nacional de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais da Arxentina desde 2019.
|
|
Dr. PEDRO GALEANO SAN MIGUEL Universidad Carlos III de Madrid.
|
Pedro Galeano é Profesor Titular do Departamento de Estatística da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M). É Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM) e Doutor en Enxeñería Matemática pola UC3M. Foi Profesor Axudante no Departamento de Estatística da UC3M, Investigador Postdoutoral Parga Pondal no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela e Profesor Visitante de Estatística e Econometría na Graduate School of Business da Universidade de Chicago. Ocupou os cargos de Secretario Académico do Departamento de Estatística da UC3M e do Instituto UC3M-Santander en Big Data, ademais de Director do Máster en Big Data Analytics da UC3M. É Editor Asociado do Journal of Estafe Series Analysis e Advisory Board Member de Heliyon. Obtivo o Premio de Excelencia para Mozos Investigadores do Consello Social da UC3 M no ano 2014. Publicou ao redor de 40 artigos en revistas tales como Journal of the American Statistical Association, Journal of Econometrics, Journal of Business and Economic Statistics, Journal of Financial Econometrics, Technometrics, Journal of Multivariate Analysis, Computational Statistics and Data Analysis, International Statistical Review, European Journal of Operational Research e Test, entre outras.
|
|
Dr. THOMAS KNEIB University of Göttingen.
|
Thomas Kneib é profesor de estatística na Universidade de Göttingen, Alemaña, onde é presidente do Centro interdisciplinario de estatística e vicepresidente do Campus Institute Data Science. Doutorouse en Estatística na LMU de Múnic e, durante a súa fase PostDoc, foi profesor visitante de estatística aplicada na Universidade de Ulm e profesor substituto de estatística na Universidade de Göttingen. Desde 2009 ata 2011 foi profesor de estatística aplicada na Universidade Carl von Ossietzky de Oldemburgo. As súas liñas principais de investigación inclúen a regresión semiparamétrica, a estatística espacial e a regresión baseada na función de distribución condicional.
|
|
Dra. MARINA POLLÁN SANTAMARÍA Instituto de Salud Carlos III.
|
Marina Pollán é directora do Centro Nacional de Epidemiología, pertencente ao Instituto de Salud Carlos III. É investigadora principal de numerosos estudos relacionados xeralmente co cancro de mama e membro do grupo GEICAM (Grupo Español de Investigación en Cáncer de Mama). O seu equipo recibiu o primeiro premio da AECC polo proxecto «Estilos de vida y cáncer de mama». Publicou mais de 300 artigos científicos (índice H=33), colaborando con investigadores de distintos ámbitos (biólogos moleculares, xenetistas, oncólogos, patólogos, cirurxiáns), ademais de traballar con profesionais da saúde pública no ámbito da epidemioloxía e o control do cancro. Tamén estivo involucrada en actividades divulgativas dirixidas a trasladar á poboación xeral o coñecemento existente sobre a situación do cancro e os seus principais factores de risco.
|
|