Código de conduta Print


Dende a organización do XV Congreso SGAPEIO queremos que estas xornadas estean libres de acoso para tódalas persoas que participan nel, independentemente do seu xénero, orientación sexual, discapacidade, aspecto físico, raza ou relixión.

As persoas ou entidades participantes, relatoras ou patrocinadoras deben aceptar o seguinte código de conduta. O persoal responsable da organización deste congreso fará valer este código en todo momento e esperará a cooperación para garantir un ambiente seguro. Non se tolerará o acoso de ningunha forma.

A linguaxe e as imaxes sexuais non son apropiadas en ningún lugar da conferencia, incluídas charlas, talleres e eventos sociais. Calquera que amose este tipo de comportamento pode recibir un aviso formal e, se non interrompe o seu comportamento inmediatamente, pode ser expulsado do congreso sen o reembolso das cotas aboadas.

O persoal que participe no XV Congreso SGAPEIO acepta:

  • ser considerado no discurso e nas accións e respectar os límites doutros asistentes;
  • absterse de condutas degradantes, discriminatorias ou acosadora;
  • avise ao comité organizador se nota unha situación perigosa, alguén en apuros ou infraccións deste código de conduta, aínda que pareza que non ten consecuencias..


As entidades patrocinadoras tamén están suxeitas á política contra o acoso. En particular, non deben empregar imaxes, actividades ou outro material ofensivos ou sexualizados.

Requisitos para charlas e pósteres.
As presentacións e pósteres están incluídos no código de conduta e, polo tanto, non deben conter material ofensivo ou sexualizado. Se este material é imposible de evitar dado o tema a tratar, débese anotar a súa existencia tanto no resumo do traballo como ao comezo da charla.
Se nalgún momento do congreso se sente acosado/a ou observa que alguén está a ser acosado/a ou ten algunha outra preocupación, por favor, comuníqueo ao persoal do comité organizador. Será doado identificalos xa que levarán unha acreditación distintiva.